Na asemblea de onte (16/04/09) tomáronse algunhas decisións que poderían vos interesar, polo que pasamos a resumir:
1. Bancada de esquexes:
Por medio do intercambio de esquexes (dispoñemos de Cream Caramel, Black Jack, Crítical Máis e Sicodelicious polo momento) a asociación dispón dunha bancada de esquexes destinado en primeiro lugar as posiveis iniciativas de Cultivo Colectivo cannábico da tempada 2009 e en segundo lugar para unha distribución entre as persoas da asociación que estiveran interesadas. Continuamos interesados en terreos ou casa vella con terreo para alugar e gañar en seguridade diversificando a plantación.
2. Información financieira:
A última fonte de ingreso da asociación foron as cotas pagas do ano 2008 que corresponden exclusivamente as novas altas e as participantes do Cultivo Colectivo 2008.
Os gastos para o intercambio dos esquexes e o seu mantimento superan xa o saldo existente. Por iso faise un chamamento as persoas da asociación para que, dentro das posibilidades, satisfagan as cotas de 2009 (20 Euros).
3. Fronte a situacion acima apresentada, convócase unha reunión bitemática para decidir, o vindeiro xoves día 24 de abril, o prantexamento do Cultivo Colectivo para 2009 e o funcionamento da bancada de esquexes, así como os detalles da concentración da Marcha Mundial da Marihuana en Vigo o sábado 9 de maio.
Saúde
6 comentarios
Tambien disponemos de una Thai en peligro de extinción.
Ola
Son socia da asociacion e queria participar no cultivo colectico deste ano. tamen queria afacerme cuns esquexes para o meu cultivo persoal. como teño que facer?
bicos
herbolaria
Pois basicamente tes duas opcions unha ir as reunions os xoves na Gaita Grileira na Praza Chao no casco vello de Vigo a partires das 8 da tarde menos os dias festivos o visperas de festivo. Outra e poñerte en contacto ca asociación a traves do se Email que sendo socia deberias saber, de todas maneiras é:
avemariavigo(arroba)telefonica.net
Pra intercambiar esquexes e cuestión de falar con socios o simpatizantes que ofrezan esquexes pra intercambio e quedar no lugar pra facelo. Debes aportar un esquexe pra o intercambio. De momento non sei que se envien por correo o mensaxeria, seria cuestion de falalo c@ posible interesad@. Máis o ser seres vivos a saber como pode chegar.
E o malo que ten, as sementes son máis doadas pra iso.
Pra participar no cultivo colectivo hai ser soci@ e ter o día a cuota de sici@ e pagar 20€ coma aportación os gastos de cultivo (aluguer de terreos, etc) se non me confundo agora.
Hola, son de ourense e teño moito interes no intrcambio de esquexes, eiqui no hai asociacion e somos varios cultivadores que desexariamos aceder ao intercambio,mais como son as modalidades? nos non temos esquexes pra trocar...como poderiamos proceder...ir a vigo non me ven nada ben, e non e soio polo confuso que e vigo, sinon pola distancia...e eu choio todolos dias ate tarde...podo recibir mais informacion?
Gracias
Riomiño
Pos sin desprazarte a Vigo complicase algo a cosa xa que os esquexes emellor intercambialos de man a man. De eiqui a Ourense poderian ir por mensaxeria máis non sei como poden chegar, Ourenxe non está tan lonxe nen se tarda tanto por carretera enton e probable que cheguen ben máis e un risco. A asociacion en este momento conta con unha bancada de esquexes se has leido esta entrada poderas ver que son: Cream Caramel, Black Jack, Crítical Máis e Sicodelicious polo momento. Alguns soci@s e simpatizantes contan con otras variedades pero seria cuestion de poñerte en contacto directo con eles e de novo a maneira máis doada pasa por asistir a algunha reunión.
De todas maneiras ponte en contacto a traves do email:
avemariavigo(arroba)telefonica.net
Bueno sei ca si os empaquetas ben que non se movan e teñan aire, insistindo na posicion que ha de ir o paquete, e si xa teñen polo menos unha seman de enraizados
por MRW o algún servizo de entrega en 24 horas chegan vivos a Ourense igual un pouco chichurrios pero o regalos recuperan. Isto vino en unhas plantulas de tomatera con esquexes de cannabis xa con boa riaz deberia de valer o mesmo. A cuestion e saber o precio do envio, se estas interesado ponte en contacto e vemos de facerte chegar algún. Os gastos a pagar en destino.
Publicar un comentario
A opción de comentarios está desactivada pra calquer comentario o dúvudida:
avemariavigo(arroba)telefonica.net