A Asociación Viguesa de Estudos da María (A.V.E. María), con domicilio en Vigo,
DÍ:
Que por medio do presente escrito comunicamos no prazo legal ao abeiro do artigo 21 da Constitución española, así como da Lei Orgánica 9/1983, de 15 de xullo, reguladora do dereito de Reunión, a decisión de celebrar unha concentración coas características que se expoñen a continuación, en cumprimento do establecido na mencionada LO 9/83:
PRIMEIRA.- Que a concentración terá lugar en Vigo, na Praza da Constitución, o 19 de xaneiro de 2010.
Que está convocado o seu inicio ás 18 horas, cunha duración prevista de 6 horas.
SEGUNDA.- Que o obxeto da concentración é protestar pola actual situación legal do cannabis, os seus derivados e outras substancias ilegais, reivindicando a normalización e desprohibición, para uso terapéutico e lúdico, en todo caso libre.
TERCEIRA.- No transcurso do acto haberá diversas actuacións musicais.
Vigo a 5 de xaneiro do 2010
AO SUBDELEGADO DO GOBERNO ESPAÑOL EN PONTEVEDRA
RAP Y DROGAS
Hace 1 mes