A Asociación Viguesa de Estudos dá María (AVE María), asociación de persoas usuarias de cannabis, declara públicamente que iniciou o 3º Cultivo Colectivo de Marihuana para autoabastecernos de cannabis as persoas asociadas e dispor dun fondo adicado a doentes que usan a marihuana como terapia, evitando deste xeito acudir ao mercado negro e os riscos que comporta (adulteracións, detencións, sobreprecio, etc.).
Dado que o cultivo persoal de cannabis non está penalizado no Estado español, decidimos facer estes cultivos comunitariamente amparados en diversas resolucións do Tribunal Supremo e outros tribunais, en particular o sobreseimento e arquivo do proceso contra a Asociación Pannagh de Bilbao á que lle foron dovoltas as 150 plantas de marihuana requisadas pola policía, ao considerar que ían destinadas a consumo privado dun colectivo.
Informamos asi mesmo que o noso 3º Cultivo Colectivo progresa axeitadamente pesia as inclemencias do tempo, a finais de outubro daremos conta dos resultados.
Como outros anos vémonos na obriga de denunciar as diversas intervencións dos Corpos de Seguridade do Estado incautando pequenas plantacións para consumo propio e detendo a particulares , que na gran mayoría dos casos son postos inmediatamente en liberdade pola xudicatura e as causas teñen como resultado a libre absolución por non esistir delito, sen posibilidade de recuperar as plantas polo maltrato que reciben nas dependencias policiais ou xudiciais, cando non son destruidas. Contradiccións deste sistema que deixa campar outras substancias prohibidas manexadas polo narcotráfico e non a "Marihuana da Casa", cultivada sen fins comerciais para consumo proprio.
Denunciamos as recentes detencións e incautacións de macetas con marihuana en Compostela que, no pior dos casos é un xeito de fuxir do mercado negro e as suas implicacións e riscos.
Continuamos a presionar pola normalización do cannabis e polo dereito a plantar libremente para consumo propio ou colectivo.
Saúdos e saúde
RAP Y DROGAS
Hace 1 mes