Buscar en google

CONTACTO

Pra dúvidas, suxerencias e comentarios vos podedes dirixir a: avemariavigo(arroba)mundo-r.com

martes, 2 de junio de 2009

Proposta nota prensa

O pasado venres 29 de maio axentes da Policía Nacional rexistraron pola sua conta e risco a mochila dun afiliado á Asociación Viguesa de Estudos da María (AVE María). A acción policial finalizou coa incautación de 400 euros da recaudación dun bar e 1 placa de haxix. O afiliado foi detido no seu traballo permanecendo nos calabozos da Comisaría da Policía Nacional de Vigo por 3 días e quedou en liberdade ao pasar pola xuiza de guarda, tras declarar que o haxix era froito dunha compra conxunta, pois declarouse consumidor de cannabis.


Ante estes feitos, A.V.E. María denuncia a desmesura dunha actuación con tres días de prisión por tenencia dunha substancia para consumo propio e dos amigos usuarios de cannabis. Preocúpanos así mesmo a postura da xuíza que deixou 72h nos calabozos a un compañeiro da asociación por tan ridícula cantidade de haxix.

Ademais queremos que se reflexione sobre despilfarro de fondos públicos e a interpretación estrita de certas leis que en ningún caso contribúe a acabar co narcotráfico, senón máis ben o potencia ao desviar recursos policiais para perseguir o consumo propio e o autocultivo de marihuana. Queremos ademais solidarizarnos co detido, un máis de entre os miles de cidadáns que, para escapar do mercado negro, compran e cultivan cannabis en Galiza.


saúde

COPYLEFT2009 Mistertrufa