Buscar en google

CONTACTO

Pra dúvidas, suxerencias e comentarios vos podedes dirixir a: avemariavigo(arroba)mundo-r.com

domingo, 10 de enero de 2010

San Canuto Vigo 2010

O 19 de xaneiro ás 19h. está convocada como todos os anos unha xuntanza de protesta e de recreo pola normalización do cannabis. Van uns letreiros provisorios.

Será na Praza da Constitución, Casco Vello de Vigo ás 19h.. Estará o san Canuto, un par de bafles potentes, dxis de calidade e marcha.

Logo cada quén pode invitar a Batucadas, Malabares, Xente do Vento, Bricdances, BMX, Reposteiros Cannábicos, etc., para aportar variedade e animación ao evento. Era bo dar razón da sua asistencia para publicitalos.

Os carteis definitivos pódense pasar coller en A Gaita dende o martes ou ben imprimilos dende os arquivos adxuntos.

Quen perteneza a algunha rede ou arañeira social pode promocionar a concentración. Mandaranse 2 notas aos medios de comunicación e mañán luns informarase ao Sub-Delegado do Goberno español en Pontevedra.

Repartos de propaganda na Universidade xoves 14 e martes 19, anotarse para facer os turnos.

saúde e que nos vaia ben


Descargar cartaces adxuntos:

Enlace directo|Version en Castellano
COPYLEFT2009 Mistertrufa