Ante estes  feitos, A.V.E. María denuncia a desmesura dunha actuación con tres días de  prisión por tenencia dunha substancia para consumo propio e dos amigos usuarios  de cannabis. Preocúpanos así mesmo a postura da xuíza que deixou 72h nos  calabozos a un compañeiro da asociación por tan ridícula cantidade de  haxix.
Ademais queremos que se reflexione sobre despilfarro de fondos  públicos e a interpretación estrita de certas leis que en ningún caso contribúe  a acabar co narcotráfico, senón máis ben o potencia ao desviar recursos  policiais para perseguir o consumo propio e o autocultivo de marihuana. Queremos  ademais solidarizarnos co detido, un máis de entre os miles de cidadáns que,  para escapar do mercado negro, compran e cultivan cannabis en Galiza.
saúde
 
