Buscar en google

CONTACTO

Pra dúvidas, suxerencias e comentarios vos podedes dirixir a: avemariavigo(arroba)mundo-r.com

viernes, 1 de mayo de 2009

Quen somos

¿QUEN SOMOS?

A Asociación Viguesa de Estudos da María (A.V.E. María) fundada no 2001, é unha asociación de persoas usuarias, cultivadoras e/ou estudosas do cannabis, aunando esforzos pola normalización total do cannabis.
A asociación está integrada na Federación de Asociacións Cannábicas do Estado español (F.A.C.) e na Coalición Europea por Políticas de Drogas Xustas e Eficaces (E.N.C.O.D.). Participamos na Marcha Mundial da Marihuana.

NA ASOCIACIÓN PODES TOPAR:

Información e debate sobre sementes, cultivo, secado e curado da marihuana. Cultura sobre cannabis e derivados.
Participar no Cultivo Colectivo que a asociación leva adiante todos os anos, buscando o autoabastecemento de xeito comunitario.
Asesoría xurídica sobre cómo recurrir multas e aspectos legais.
Amparo legal, estar na asociación indica que non tes nada que ocultar.
Catas e contrastes de distintas herbas e sistemas de uso e consumo.
Información sobre cannabis terapéutico.

¿QUE FACEMOS?

O noso pricipal compromiso é a defensa ao dereito a que cada persoa consuma as substancias que desexe, e a defensa ao dereito a ter unha científica educación sobre drogas, algo oposto á propaganda e que utilizan os gobernos na súa guerra contra as drogas ilegais.

O longo da súa historia, AVE María organiza concentracións o día de san Canuto (19/01) e na Marcha Mundial da Marihuana (pimeira semana de maio), repartos de sementes e instruccións de cultivo, Cultivos Colectivos, Festas da Colleita, recorre centos de multas, a loita polo cannabis terapéutico, antiprohibicionista, etc..

As nosas demandas urxentes hoxe son:


  • Que se derogue a lexislación que castiga a tenencia e o consumo das persoas adultas. En concreto, esiximos a reforma da Lei de Seguridade Cidadá (O 1/92), coñecida como a “Lei Corcuera”.
  • Unha regulación clara en torno ao autocultivo individual e colectivo, de maneira que acabe a actual inseguridade xurídica. Apostamos pola creación de clubs ou sociedades de persoas consumidoras que poidan obter cannabis producido en circuíto pechado e sen fins comerciais.
  • Implantación en Galiza de programas de cannabis terapéutico.
  • Reclamamos, ademais, un debate público sobre as políticas de drogas e o diálogo coa sociedade civil, tal e como se menciona na Estratexia sobre Drogas da Unión Europea (2005-2012).
¿CANDO NOS XUNTAMOS?


TODOS OS XOVES no BAR “A Gaita” na Praza de Eduardo Chao (Casco Vello) de Vigo dende as 8 do serán.


Correo electrónico: avemariavigo(arroba)telefonica.net

Infórmate, asóciate,
reivindica os teus dereitos ...
contra as multas por consumo ou posesión de drogas na vía pública.
polo uso do cannabis como medicamento en Galiza.
pola normalización do cannabis.

Asociación Internacional polo Cannabis como Medicamento (I.A.C.M.)

http://www.cannabis-med.org/spanish/home.htm
Nos apartados Pacientes e Búsquedas podes topar ampla información e mesmo un Foro onde preguntarlle a expertos o que queiras.

Colexio de Farmacéuticos de Barcelona

http://www.farmaceuticonline.com/inici_c.html
Dispón dun prospecto estilo medicamento farmacéutico sobre o cannabis.

Ver como documento de Google

POLOS DEREITOS DAS PERSOAS USUARIAS DE CANNABIS

Sexa o primeiro a comentar!

A opción de comentarios está desactivada pra calquer comentario o dúvudida:
avemariavigo(arroba)telefonica.net

COPYLEFT2009 Mistertrufa