Buscar en google

CONTACTO

Pra dúvidas, suxerencias e comentarios vos podedes dirixir a: avemariavigo(arroba)telefonica.net

domingo 19 de abril de 2009

Cultivo Colectivo e Marcha Mundial da Marihuana

Queridas persoas da Asociacion Viguesa de Estudos da María,

Na asemblea de onte (16/04/09) tomáronse algunhas decisións que poderían vos interesar, polo que pasamos a resumir:

1. Bancada de esquexes:

Por medio do intercambio de esquexes (dispoñemos de Cream Caramel, Black Jack, Crítical Máis e Sicodelicious polo momento) a asociación dispón dunha bancada de esquexes destinado en primeiro lugar as posiveis iniciativas de Cultivo Colectivo cannábico da tempada 2009 e en segundo lugar para unha distribución entre as persoas da asociación que estiveran interesadas. Continuamos interesados en terreos ou casa vella con terreo para alugar e gañar en seguridade diversificando a plantación.

2. Información financieira:

A última fonte de ingreso da asociación foron as cotas pagas do ano 2008 que corresponden exclusivamente as novas altas e as participantes do Cultivo Colectivo 2008.

Os gastos para o intercambio dos esquexes e o seu mantimento superan xa o saldo existente. Por iso faise un chamamento as persoas da asociación para que, dentro das posibilidades, satisfagan as cotas de 2009 (20 Euros).

3. Fronte a situacion acima apresentada, convócase unha reunión bitemática para decidir, o vindeiro xoves día 24 de abril, o prantexamento do Cultivo Colectivo para 2009 e o funcionamento da bancada de esquexes, así como os detalles da concentración da Marcha Mundial da Marihuana en Vigo o sábado 9 de maio.

Saúde
<<
COPYLEFT2009 Mistertrufa